RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Comisión Delegada aprobará a próxima semana o calendario de Primera RFEF, que arranca o 28 de agosto

A Comisión Delegada da Asemblea Xeral da RFEF aprobará a próxima semana a proposta de calendario de Primera RFEF.

Segundo dicha proposta, o Dépor arrancará a liga a última fin de semana de agosto, concretamente o domingo 28; e concluirá o 28 de maio de 2023.

Ao recuperarse o playoff de ascenso a ida e volta, as datas elixidas son 4 e 11 de xuño para as semifinais; e 18 e 25 de xuño para as finais.

A eliminatoria entre os campións dos dous grupos, xa ascendidos a Segunda División, co obxecto de dirimir o campión da categoría será tamén a ida e volta o 4 e 11 de xuño.

Segundo votación telemática onte pola tarde entre os corenta clubs participantes, o RC Deportivo quedou integrado no grupo 1° cos clubs galegos (Racing de Ferrol, Pontevedra CF e RC Celta B); castelán-leoneses (CyD Leonesa e Unionistas de Salamanca CF); madrileños (AD Alcorcón, CF Fuenlabrada, CF Rayo Majadahonda, DUX Internacional de Madrid, Real Madrid Castilla e UD San Sebastián de los Reyes); estremeños (AD Mérida e CD Badajoz); andaluces (Algeciras CF, Córdoba CF, Linares Deportivo, RB Linense e San Fernando CDI); ademais do AD Ceuta FC.