RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"A día de hoxe síntome querido", así explica Borja Valle a súa renovación

Após confirmarse o acordo para a ampliación da súa vinculación contractual, que agora finalizará o 30 de xuño de 2020, Borja Valle pasouse pola sala de prensa de Abegondo.

O berciano lembra en primeiro lugar vivir "situacións complicadas aquí". Aínda así, afirma que "non dubidei en ningún momento de que (a oferta do Dépor) fose unha boa opción. Sabía que era unha boa opción. Quería estar listo mentalmente para tomar unha decisión, que neste momento estou moi feliz diso".

Confesa que viviu no Dépor "vestiarios complicados, momentos duros nos que non me sentín querido, útil. E é difícil cando te levantas pola mañá non querendo vir traballar. Nestes días cambiou. A situación é diferente. Que che demostren agarimo, que che valoren día a día, que che cruces con xente no corredor que aprecie que esteas aquí é algo moi bonito. Síntome como en casa. Hai xente que me tratou moi ben e é unha boa opción".

Asegura que Carmelo del Pozo, Director Deportivo, foi fundamental na súa decisión: "Compartín vestiario con el en Oviedo. Confiou en min no seu momento. Desviviuse este verán por facer as cousas ben. Lavou moito este Deportivo e creo que é algo moi bo para a entidade. Facía falta".

A nivel persoal, Borja só ten para Carmelo "boas palabras como profesional e como persoa. Valóroo como traballador e fixo un gran traballo comigo".

Capitán onte na Malata, o atacante deportivista recoñece que "máis aló de se vou ser máis importante ou non, se vou levar o brazalete ou non, tomo a decisión porque a día de hoxe síntome querido. Xente que está aquí nesta sala demostroumo, xente abaixo (no vestiario) demostroumo. Guíome por sentimentos, por estar a gusto nun sitio. A decisión foi tomada nese sentido. Sentirme na miña casa, con xente que me quere, que che cruzas nos corredores e demostra que che aprecia e que lle gusta que esteas aquí. É algo moi bonito e que non adoita suceder moito. Este ano pasoume máis que nunca porque han visto que non estaba ben, e téñoo que agradecer".

Explica que amplía unha temporada o seu contrato porque "é a mellor opción. Queda un ano moi bonito por diante, imos ver o que pasa. Está bastante ben. Non necesito máis anos".

Espera esta temporada "o rol que me gañe eu e que decida o míster. Eu non renovei coa cláusula de ser importante ou de esixir xogar. Renovei porque considero que é a mellor opción, igual que os meus compañeiros que chegaron aquí pensarán o mesmo. O único que farei será traballar, adestrar, estar a disposición do míster e do Club para cando el necesite e crea oportuno. A todos os xogadores gústanos ser importantes e ser un referente. Iso non depende de ninguén, depende dun mesmo".

Precisamente do técnico Natxo González, confesa Borja Valle que "conta comigo, que me vai a axudar en todo o posible. Necesito saber que unha persoa quere que estea aquí. Pediume a min igual que ao resto, traballo, complicidade, que me desviva polo escudo, pola gran temporada que podemos facer. Foi unha persoa importante para tomar a decisión, do mesmo xeito que todo o mundo que completa este escudo".

Recalca que a súa adaptación ao novo sistema do xogo é "mellor. Canto máis tempo pase é máis fácil todo, adáptaste mellor, entendes o que che pide. Todo o mundo entende o que lle pide. E cando todos imos a unha é máis fácil. Non estamos ao 100 % porque houbo un cambio moi grande, no vestiario, no Club, con outro adestrador cun novo sistema. Témonos que axustar e iso vaise logrando co día a día. Agora entendes máis o que che pide o míster porque cada día o practicas e ensáialo máis".

Nesta liña, Borja cre "persoalmente" que o equipo necesitaba un cambio. "É moi positivo limpar, empezar de cero, con xente con moita fame, ambición, humildade. É moi importante. O Club entendeu o que era necesario. É importante o vestiario, a nivel deportivo. Estás nun club como o Deportivo que che vai a esixir ao máximo, é un orgullo representar un escudo deste nivel", engade.

A chegada dun dianteiro, última incorporación prevista pola Dirección Deportiva para este mercado de verán, non a considera o atacante deportivista como algo negativo: "Se acabo de renovar. Estou feliz. Non penso que se vén alguén me vaia a restar. Todo o contrario. O meu pensamento é querer facelo o mellor posible co Deportivo e que o Deportivo consiga o seu obxectivo. Se vén unha persoa a reforzar o ataque, que nos vai a axudar, vainos a complementar, que vai sumar, benvido sexa".

Bo coñecedor de LaLiga 1|2|3, avisa Borja que haberá ao longo de case 10 meses de competición "moitos altibaixos, baixas... É algo moi positivo" por todo isto a fichaxe dun novo atacante.