RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A Fabril planta cara a un Fuenlabrada que sacou partido á súa efectividade

O Fabril caeu en Abegondo (1-2) ante o líder do grupo 1º da Segunda División B, un Fuenlabrada moi efectivo e cada vez máis afianzado no liderado.

Con este marcador, os fabrilistas son agora terceiros na táboa con 39 puntos, superados polo Rayo Majadahonda (segundo con 40 puntos) e o citado Fuenlabrada (líder con 44 puntos).

O encontro foi moi igualado e sen goles na primeira metade. Após o descanso, o conxunto madrileño aproveitou dous desaxustes defensivos fabrilistas para porse por diante no marcador: 0-2.

Apertou no entanto o Fabril, que recortou diferenzas grazas a un gol de Uxío no minuto 81. O propio dianteiro deportivista puido empatar no minuto 86, pero o seu disparo paseouse pola raia de gol antes de bater no pao.

Resistiu até o final o Fuenlabrada, que leva 3 puntos para afianzar o seu liderado.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, Raúl González, Lucas, Edu Expósito, Gaizka, Borja Galán, Romay, Ismael e Óscar Pinchi. Tamén xogaron: Uxío e Pedro.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao San Sebastián de los Reyes.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2