RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas celebrarase mañá após non haber quórum

A Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña SAD celebrarase definitivamente o xoves 12 de xullo ás 19:00 horas en segunda convocatoria após non alcanzarse quórum na primeira. Non houbo accionistas presentes hoxe no Salón Arao (Planta 2) de Palexco.

Durante todo o día 12, nas propias instalacións de Palexco, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, os accionistas ou os seus representantes poden obter o seu cartón de acceso e votación presentando o seu DNI. No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.