RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Aberto o prazo Destino Abegondo para o Fabril-Villalbés

Xa está activa unha nova xornada de Destino Abegondo, servizo para os socios e afeccionados que residen fóra da cidade e que lles permite acudir aos partidos, aos abonados con unha achega solidaria de 1 euro por traxecto adicado integramente a proxectos sociais da Fundación Real Club Deportivo e aos afeccionados por un pequeno suplemento sobre a entrada, que o Fabril xoga en casa.

Xa é posible inscribirse para viaxar Destino Dépor ao partido Fabril - Villalbés, aquí: http://destinodepor.rcdeportivo.es

Custo:
- Socios: 2€
-
Afeccionados (prezo xeral): 12€
Inscricións: 
Apertura de inscrición: 20/11/2019 10:00
Peche de inscrición: 27/11/2019 23:59
Publicación de rutas definitivas: 29/11/2019
O paquete Destino Dépor inclúe:
- Traslados en autocar
-
Seguro de viaxe
-
Entrada para asistir ao encontro (excepto no caso dos socios)
Avisos importantes:
Aqueles afeccionados que non se atopen á hora indicada nas paradas sinaladas tanto o traxecto de ida como de regreso corren o risco de perder o autobús.
Dado que a posta en marcha do programa supón un investimento económico para o Club, só se activarán as rutas que teñan un mínimo 30 afeccionados inscritos.
Por ese mesmo motivo os socios/afeccionados que unha vez inscritos se dean de baixa dunha ruta ou non acudan á mesma serán penalizados sen poder acceder á seguinte viaxe.
Así mesmo, as prazas do autobús son limitadas, polo que unha vez completadas as prazas (por rigorosa orde de inscrición) non se aceptarán máis solicitudes para devandita ruta.
O dereito de uso deste servizo outórgaselle unicamente ao titular do abono, polo que haberá un rigoroso control e no acceso ao bus deberá mostrarse o abono e DNI ao condutor.
DESTINO ABEGONDO
- DéporTienda Riazor
- Praza de Ourense
- Alfonso Molina (Praza de Madrid, fronte Estación de Autobuses)
Regreso: 30 minutos despois de acabar o partido desde o mesmo punto de chegada.