RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de recuperación para os titulares en Vitoria

Os futbolistas titulares onte en Mendizorroza realizaron esta mañá un adestramento suave de recuperación, con carreira continua, estiramentos e tratamento de fisioterapia, xa no vestiario.

Para o resto (Laure, Albentosa, Álex Bergantiños, Navarro, Andone e Guilherme), ademais do fabrilista Óscar, houbo un quecemento, rondos, un exercicio de posesión e, para acabar, un traballo de finalización.

Mañá venres 13 de xaneiro, os xogadores están citados ás 17:00 en Abegondo, na última sesión previa á visita do Villarreal a Riazor, prevista para este sábado 14 de xaneiro ás 20:45 (Bein Sports).