RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Adrián e Rubén Pérez participaron no España-Dinamarca Sub-21

Os deportivistas Adrián e Rubén Pérez tiveron oportunidade de xogar no amigable da Selección Españonda Sub-21 ante Dinamarca (2-1), en Guadalaxara. Adrián disputó a primeira metade; mentres que Rubén

Mañá mércores 9 de febreiro xogan o tres fabrilistas. Martin disputará coa Selección Absoluta de Liechtenstein un partido amigable ante San Mariño. Martin suma ata a data 30 partidos na Selección do seu país. Stopira xogará en Lisboa un amigable coa súa Selección, Cabo Verde, ante Burkina Faso; e tamén en Portugal, pero esta vez na localidade de Cartaxo, a Selección lusa Sub-21, con Dinís, mídese a Suecia nun choque de preparación.
 
Por outra banda, os xuvenís David e Denis finalizan mañá mércores uns adestramentos na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) coa Selección Española Sub-17. David é o porteiro titular do Xuvenil A de División de Honra e acaba de participar hai unhas semanas noutra concentración da Selección. Denis regresou á Sub-17 tras ser citado o pasado mes de outubro, tamén en compañía de David. A tempada pasada, este dianteiro coruñés dos máis goleadores das categorías inferiores xa estivo citado pola Sub-16. Denis milita no Xuvenil B da liga Nacional, do que é o máximo goleador, con 11 dianas.