RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián: "Seguimos crendo que imos saír de aí"

Adrián López subliñou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "estamos mentalizados que como estamos a traballar é o camiño. Todos somos conscientes de que houbo un cambio no equipo, máis aló de que non conseguísemos os resultados que queremos. Pero todos estamos no mesmo camiño e seguimos crendo que imos saír de aí".

Por este motivo asegura que "hai que seguir traballando, hai que seguir mellorando cada día. As sensacións dentro do equipo en canto a traballo, en canto ás formulacións que hai dos partidos, en canto á intensidade coa que se adestra, coa que estamos a xogar os partidos. Cremos que é o camiño e hai que seguir".

O dianteiro asturiano confesa que "cando acaba o partido non queda outra que pasar momentos malos. O míster sempre nos dá un discurso despois dos partidos. Son positivos. É o que necesitamos para saír desta situación".

Comprende o malestar do deportivismo: "Se fose afeccionado tamén estaría desgustado co meu equipo, porque quero ver ao meu equipo gañar, quero ver ao meu equipo xogar o mellor posible. É normal pero que non lles caiba ningunha dúbida que nós damos o cento por cento. Tentamos facer as cousas o mellor posible para que o Dépor gañe".

Nesta liña, di que "é evidente que necesitamos os puntos, unha vitoria. Estamos a traballar, estamos a tentar conseguila. De momento non chegou. Teño claro que cada día que pasa estamos máis preto de que chegue".

Na súa opinión, "de nada serve pensar en cousas negativas. Estamos nunha situación mala pero hai que saír dela. O único que queda é seguir pelexando, seguir traballando, seguir mellorando as cousas que non se están facendo ben. Nalgún momento vai chegar a vitoria que tanto desexamos. Eu teño esperanzas de que sexa este sábado", ante o Eibar no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30 horas, Bein LaLiga).

Precisamente define ao conxunto vasco como "un equipo que leva uns anos facendo unhas temporadas moi boas. É un equipo moi solidario, traballador e bastante compacto. Vai ser un partido moi difícil pero máis difícil temos que facer nós que sexa para eles".