Alevín B e Benxamín A xa están en cuartos de final da Miranda Cup 2019
Os dous conxuntos de #ANOSACANTEIRA, Alevín B e Benxamín A, presentes na Miranda Cup 2019 nas localidades portuguesas de Miranda do Corvo e Lousã, clasificáronse para cuartos de final da Fase Ouro, que se xogarán mañá sábado 29 de xuño.
O Alevín B (na foto que ilustra esta nota) terá como rival ao Personal Europe, ás 10:00 (hora local).
O calendario de partidos do Alevín B, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase Xoves 27 de xuño AMORA FC 0 - ALEVÍN B 10 (Pablo -2-, Diego -3-, Janusz -2-, Balbas -2- e Xabi)
Venres 28 de xuño ALEVÍN B 2 (Diego e Pablo) - VILLARREAL CF 0 ALEVÍN B 6 (Balbas -2-, David, Diego, Janusz e Yago) - GD ALCOCHETENSE 1
Sábado 29 de xuño Fase Ouro Cuartos de final 10:00: ALEVÍN B - PERSONAL EUROPE
Así mesmo, o Benxamín A pelexará ás 9:00 (hora local) por un posto nas semifinais co AG Sacavenense.
O calendario de partidos do Benxamín A, todos eles en hora local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase Xoves 27 de xuño CAMPINENSE CLUBE 0 - BENXAMÍN A 4 (Yago Trigo -3- e Nico)
Venres 28 de xuño MEM MARTINS SC 0 - BENXAMÍN A 12 (Uxío -4-, Xoel -3-, Iago Vázquez -2-, Yago Trigo, Christian e Joaquín) CA GÂNDARAS 0 - BENXAMÍN A 13 (Iago Vázquez -3-, Gael -2-, Yago Trigo -2-, Joaquín -2-, Uxío, Xoel, Christian e Mauro)
Sábado 29 de xuño Fase Ouro Cuartos de final 9:00: BENXAMÍN A - AG SACAVENENSE