RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amigables mañá mércores para Xuvenil B e San Tirso SD Cadete ante as seleccións galegas sub-16 e sub-14

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita amigable mañá mércores 18 de xaneiro.

O Xuvenil B, que acaba de derrotar (7-1) ao CD Calasanz e é 4º na táboa da Liga Nacional con 29 puntos, enfróntase á Selección Galega sub-16 a partir das 17:30 no campo 6 de Abegondo.

Pola súa banda, o San Tirso SD Cadete, que caeu (0-1) o sábado co Arosa SC e é 15º na clasificación da División de Honra con 21 puntos, mídese á Selección Galega sub-14 no Monte a partir das 17:15.