RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Andone e Bruno Gama dan por bo o traballado punto

Florin Andone e Bruno Gama deron por bo o punto cultivado esta noite no Benito Villamarín de Sevilla.

Así, o internacional romanés recalcou que o partido "era moi difícil ante un equipo que aperta moito aquí no seu campo, cunha afección incrible".

Andone dá "por bo" o empate: "Fixemos un partido moi serio", apunta o dianteiro deportivista.

Pola súa banda, Bruno Gama, que gozou dalgunha das mellores oportunidades do choque, dixo que "estamos contentos polo catro puntos, por este punto fóra de casa".

Viu o atacante luso un "partido moi igualado, tivemos ocasións. Un punto fóra de casa sempre é bo", apunta.