RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Progresiva incorporación de Ximo á dinámica dun Dépor que considera o partido do CD Arenteiro como unha final

Ximo Navarro comezou esta mañá a súa progresiva reincorporación á dinámica do grupo nunha nova sesión de traballo do Dépor en Abegondo de cara ao partido ante o CD Arenteiro deste domingo 28 de abril ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV).

O lateral deportivista entra así na recta final da súa recuperación desa sobrecarga na coxa esquerda que o tivo varios días con traballo personalizado.

Esta mañá, Imanol idiakez dispuxo unha activación con finalizacións, un xogo de posición e un partido para concluír, todo iso no campo 2.

Berto Cayarga subliñou en rolda de prensa que o vestiario "pensa en gañar ao CD Arenteiro. O resto non depende de nós. Estamos todos moi centrados no partido deste domingo que o tomamos como unha final. Así o consideramos e así é. Estamos só centrados en gañar ao CD Arenteiro. Se os rivais pican mellor pero estamos centrados no noso partido".

Estiveron hoxe con traballo individual Mella e Hugo Rama; mentres que Rubén e Martín Ochoa foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.