RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Andone espera unha afección ''ao noso lado''

  Ao terminar o acto de presentación das novas fichaxes no Estadio de Riazor, Martín Pita, Conselleiro responsable do Área Social, e Florin Andone atenderon aos medios de comunicación sobre o mesmo césped. F

O novo dianteiro deportivista recoñece que "sabemos que son os máis importantes. Todo foi moi bonito. Moitos nervios. Máis nervios aquí que nun partido de fútbol. Moi agradecido a todo o mundo por estar aquí connosco".

 
Vaticina Martín "Pita unha tempada magnífica, chea de ilusión". Subliñou que o Estadio de Riazor está "novo, remocicado, cunha campaña de abonos que vai fantástica, cun Teresa Herrera que vai ser importante, coa homenaxe a Manuel Pablo. Cunha chea de cousas antes de que empece a tempada en si que xerará moita ilusión ao deportivismo".