RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Ao Fabril escapóuselle o partido en Madrid en tres fatídicos minutos

Ao Fabril escapóuselle o partido ante o Real Madrid Castilla (2-0) en Valdebebas en tres fatídicos minutos, do 35 ao 38 da primeira metade, cando os brancos acertaron nos seus dous primeiros achegamentos á meta fabrilista.

A partir de aí, o filial deportivista tentouno de todas as maneiras, aínda que non foi capaz de perforar a portería merengue.

A mala noticia do partido, ademais do marcador, foron as molestias musculares que obrigaron a Romay a retirarse no descanso do encontro. Foi substituído por Jardel.

Co resultado deste partido da 23ª xornada de liga, o Fabril segue con 41 puntos na terceira posición do grupo 1º da Segunda División B.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Óscar, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Ortuño, Jardel e Pedro.

O domingo 4 de febreiro, o Fabril recibe en Abegondo (17:00 horas) ao Rayo Majadahonda.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0