RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aouate, Coloccini e Gardado, ausencias no primeiro adestramento da semana

Aouate e Coloccini, xa de viaxe ás respectivas concentracións nacionais con Israel e Arxentina respectivamente, e Gardado, camiño de México para un compromiso publicitario con Adidas, foron as ausencias do adestramento do Deportivo no Mundo do F&ua

      Mañá martes será De Guzman o que viaxe á concentración de Canadá, que disputa un amigable en Durban ante Sudáfrica. Xisco e Adrián incorpóranse o mércores ao equipo español Sub-21 que se xoga o Europeo ante Polonia en Ponferrada.

             Martes haberá día de descanso. A pesar de que este fin de semana non hai Liga polos compromisos das Seleccións Nacionais, o mércores e o xoves o Deportivo terá sesión dobre de traballo, mañá e tarde, en Abegondo.