RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aouate, con amigdalite, Antonio Tomás e De Guzman, únicas baixas no adestramento desta mañá

Aouate, que se quedó no seu domicilio por mor dunha amigdalite; Antonio Tomás, cunha escordadura de nocello; e De Guzman, coa súa microrrotura fibrilar no bíceps femoral, foron as ausencias destacadas no adestramento que o persoal do

Lotina, na sala de prensa do Mundo do Fútbol, manifestou estar "moi contento co traballo dos que non teñen ficha (Taborda e Barragán) e os porteiros". Tamén sinalou que Antonio Tomás "evoluciona moi ben (hoxe xa saíu a correr co fisioterapeuta Pablo López) e non está descartado para o"domingo .

No adestramento de hoxe tamén faltaron o segundo técnico, José Luís Ribeira, de viaxe a Polonia para asistir mañá xoves ao partido de UEFA entre o Lech Poznan e o Nancy; e o preparador físico José Ángel Franganillo, que asistirá ao Feyenoord - CSKA tamén de UEFA. "A proba de que nos interesa seguir vivos na Copa da UEFA é o feito de que vaiamos ver os dous partidos de grupo de mañá. Díxenlles que en canto acaben chámenme para que me digan as súas sensacións", comentou Lotina en rolda de prensa. "Iso si, dependemos de nós. De pouco vale o que fagan os demais se nós non somos capaces de gañar", advertiu o adestrador do Dépor.

Precisamente sobre o partido do domingo, Lotina cre que o Espanyol "vai querer a pelota. A Tintín (adestrador espanyolista) gústalle que o seu equipo controle o xogo".

Sobre o futuro do equipo, Miguel Anxo Lotina manifestou que "haberá unha reunión co Presidente, aínda non se cando, para falar sobre diferentes temas de renovacións". Ademais, deixou claro neste sentido que está "moi contento" cos veteranos do Dépor.

Mañá xoves, o persoal está citada ás 10.30 no Mundo do Fútbol.