RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Arribas: Calquera que xogue vaino a facer ben en defensa grazas ao traballo do míster

Alejandro Arribas reconoció esta tarde en rolda de prensa que o partido en Vallecas deste luns 14 de setembro (20.30 horas) será "especial". O central madrileñou considera o estadio rayista como "a miña casa". Por

Titular o último partido en Valencia, Arribas confesou sentirse "moi ben, moi a gusto. Levaba bastante tempo sen competir ben e creo que fixemos un bo partido. Sacamos un bo resultado, e éso tamén é importante para a confianza da xente de atrás. Calquera que xogue vaino a facer ben no aspecto defensivo polo traballo do míster".

Preguntado Arribas polo horario do partido, subliñou que "se puidésemos escoller o horario, escolleriamos outro día  e outra hora. Sabemos que alguén ten que xogar o luns. Ao Raio tócalle moitas veces xogar o venres e o luns. Nese caso tocounos connosco e é unha mágoa".

Sobre a amplitude do persoal deportivista, advertiu que ao non haber competición europea, "moitos xogadores quedarán sen xogar moitos partidos. Vai ser complicado para o adestrador. O equipo está preparado para iso e aí vaise a ver se somos un equipo forte, que os xogadores que non xoguen remen na mesma dirección".