RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aythami mellora da súa contractura e realiza case todo o adestramento desta mañá

O central canario Aythami, que onte non puido xogar o partido amigable ante o Beijing Gouan F.C. por mor dunha contractura nas costas, mellora e esta mañana realizó case toda a sesión de adestramento no Mundo do Fútbol. S&oacut

Mañá venres, o equipo está citado de novo no Mundo do Fútbol ás 10.30 horas.

En rolda de prensa, Juan Domínguez manifestou que "o equipo ten que dar sempre o máximo, porque tal e como está a liga, se perdes un partido baixas tres postos e se ganas, se cadra sobes catro".

Admitiu que ante o Almería hai "certo ánimo de desquite" polo tres derrotas sufridas polo Dépor fronte aos andaluces esta tempada, pero recalca que "o máis importante é sumar o tres puntos".

O mozo centrocampista coruñés indicou que o pasado domingo ante o Vilarreal "me custou un pouco ao principio pero co paso dos minutos e as indicacións dos adestradores no descanso xa todo foi mellor".