RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Bo partido sen premio do Fabril en San Sebastián de los Reyes

No quizais mellor partido fóra de casa do Fabril no que vai de temporada, o filial deportivista tampouco logrou puntuar, esta vez na difícil cancha do UD San Sebastián de los Reyes (2-0).

E iso que este encontro correspondente á 28ª xornada no grupo 1º de Segunda División B púxose costa arriba no minuto 9, cun gol do dianteiro local Sergio Castel.

O Fabril refíxose e plantou cara, sobre todo na segunda metade, a un equipo madrileño que pelexa polo ascenso, e que só puido sentenciar no minuto 90 cun segundo gol obra de Escudero.

Entre ambas as dianas, dominio fabrilista, sobre todo na segunda metade, e algunha que outra ocasión para marcar, por exemplo a que gozou Guillermo May no minuto 82, con 1-0 no marcador.

Este resultado deixa ao Fabril en 20ª posición, con 18 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Quique Fornos, Raúl González, One, Carlos López, Víctor, Javi Cobo, Uxío, Montiel e Abeledo. Tamén xogaron: May, Bicho e Juanje.

O vindeiro domingo 17 de febreiro ás 17:00 horas, o Fabril recibe en Abegondo ao Coruxo FC.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - RC Celta B 1
CF Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Real Valladolid B 1
Fabril 0 - Internacional de Madrid 1
RC Celta B 2 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Fuenlabrada 1
SD Ponferradina 3 - Fabril 0
Fabril 2 (May e Montiel) - Burgos CF 0
CF Salmantino 0 - Fabril 0
Fabril 0 - CD Guijuelo 1
AD Unión Adarve 1 - Fabril 0
UD San Sebastián de los Reyes 2 - Fabril 0