RCD / NOVAS

Bo ritmo de inscricións no Dépor Campus Mauro Silva

07/03/2018 18:42

Ao cumprirse unha semana desde a apertura do prazo de inscricións para participar no XIX DéporCampus Mauro Silva, o ritmo de participantes confirmados é moi bo, dado que se inscribiron máis de 50 nenos, cubrindo xa unha cuarta parte das prazas dispoñibles.

Por capacidade nas instalacións e calidade da actividade, o número de participantes está limitado, polo que é importante formalizar canto antes a inscrición para non quedar fóra dunha das citas deportivas máis destacadas na Coruña en Semana Santa.

O campus, coorganzado pola UDC e o Real Club Deportivo, está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e celebrarase, un ano máis, nas instalacións do INEF Galicia, en Bastiagueiro, os días 26, 27 e 28 de marzo.

O prazo de inscricións finaliza o 21 de marzo ou previamente se se completan as prazas ofertadas.

Toda a información e inscricións está dispoñible en rcdeportivo.es/deporcampusmaurosilva, en www.udc.gal/deportes ou no teléfono 881 011 904.