RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges: "Cremos en nós mesmos, cremos no traballo que vimos facendo"

Celso Borges recoñeceu esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "as vitorias son moi necesarias nun vestiario porque dan moitísima enerxía para afrontar a semana. Cambian os panoramas moitísimo máis de como se está".

Asegura o internacional costarriqueño que "nós por suposto que cremos en nós mesmos, cremos no traballo que vimos facendo. Fáltanos dar ese puntillazo para poder dar ese salto, que nos viría moi ben".

Nesta liña, insiste en que "necesitamos urxentemente" o triunfo. "Viríanos moi ben. É un tema que nos involucra a nós, á xente que constitúe o Club, á cidade. É algo que necesitamos todos para elevar o noso espírito un pouco máis".

Está de acordo en que "os resultados que obtivemos fóra de casa non son bos. E iso fai que cambie un pouco a percepción do que vén facendo. Se é algo que temos que mellorar é como conseguir eses resultados fóra que nos dean moita solidez á hora de xogar en casa".

Preguntado pola boa situación do Girona, cre que "non é o momento de compararse con outros equipos. Non vén ao caso senón traballar polas nosas cousas e tratar de sacalo adiante".

Abónase á filosofía do partido a partido, máis que mirar ao calendario: "Temos as ganas e o ímpeto de que saia ben, independentemente de quen estea enfronte. Por suposto que é diferente arrincar unha segunda volta con máis puntos porque dá certa tranquilidade. Non é o caso, e hai que afrontar a nosa realidade".

Do conxunto catalán, rival este venres 9 de marzo en Montilivi (21:00 horas, Bein LaLiga), "é un bo equipo. Soubo manexar, xogar con 3 atrás, que non é tan normal aquí en Primeira. Iso deulles resultados. Pero creo que nós ao noso mellor nivel tamén o somos. Imos ir aí a tentar sacar puntos".

A súa receita precisamente para puntuar é "estar moi ben defensivamente. Hai que estar sólidos, estar moi ben nas axudas. A partir de aí iso daranos enerxía para ir á fronte. Pero sobre todo moita comunicación entre todos e ser intelixentes tácticamente".