RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez cualifica de "burrada" a puntuación do Dépor e pide "tranquilidade, gozar do camiño, estar contentos porque se están facendo as cousas ben"

Borja Jiménez comezou a súa rolda de prensa referíndose ao desgraciado accidente ocorrido cunha dos valos do Estadio Ruta de la Plata, xusto onde se situaba #ANOSAFORZA: "Achegueime principalmente porque nos asustamos, pero parece ser que dentro do que pode ser, hai algún un nocello con fractura, pois un pouquiño máis tranquilo. Desde aquí, mostrarlles máis que nunca o agarimo, como nos apoiaron até o final e dar grazas a deus que non pasou nada".

O técnico branquiazul admite que "sufrimos un pouco na segunda metade porque o campo non nos permitía ter moita profundidade. Era patinaxe. Eles axustaron a primeira parte onde creo que fomos moi superiores. Merecemos ir ao descanso gañando claramente non só por dominio, tamén por situacións: a parada a William, o pau de Quiles, accións de Diego en última liña. Estivemos bastante ben a primeira parte. Na segunda eles axustaron, nós tiñamos que sacar a un xogador máis fóra. O problema diso é que a levamos até alí, pero non podiamos profundar moito máis porque era unha pista de patinaxe, é máis, o gol está condicionado un pouco por iso. Ao porteiro cústalle saír porque escorregaba moito. É unha faena. Eles na segunda parte estiveron polo menos os 15 ou 20 primeiros minutos mellor. É certo que Ian Mackay non tivo traballo, pero si a sensación era de que non tiñamos o control".

Pensa que "coa entrada de Calavera metemos un xogador máis por dentro. Quitamos a un dos atacantes para ter un xogador que nos permitise atacar máis amodo, ter o control para non sufrir en transicións. Sabiamos que iamos perder máis profundidade á parte da que xa non nos daba o terreo de xogo, pero coa entrada deCalavera, ter un xogador máis por dentro, liberamos un pouco tamén a Elitim, que é onde nace o gol. O equipo estivo mellor os últimos 15 ou 20 minutos, polo menos de control. Estaba máis cómodo, en ataques moito máis longos. Sen facer dano realmente, pero volvemos a retomar o control".

O adestrador branquiazul cualifica de "burrada" sumar 46 puntos sobre 60: "O problema é que os que veñen por detrás tamén están a facer puntuacións moi altas, entón esíxennos ir ao máximo. É verdade que o equipo desde a última derrota que foi en Irún, que creo que tampouco foi merecida, está nesa liña ascendente. O equipo ten moita fe e cre até o último momento e máis cando vés semanas de de gañar ao final chegan eses minutos onde o rival tamén o sabe. Nós crémonolo. Tamén vos digo, non sempre vai ser no 90. Temos que tentar que sexa antes, pero para iso os partidos teñen 90 minutos. O gol vale o mesmo".

Insiste en que o Dépor "é un equipo alegre. É o que lle tentamos transmitir como corpo técnico. A personalidade que temos nós é tentar ser alegres, estar tranquilos para que o equipo sexa iso, momentos de tranquilidade cando non estás cómodo e logo pois tentar sempre gañar".

Cre Borja Jiménez que a este domingo 30 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, Footters) "chegamos ben, pero seguro que o Racing chega tamén moi ben".

Neste sentido, advirte que "a liga non se vai a decidir o domingo en ABANCA-RIAZOR. Telo moi claro. Nin se gañamos, nin se empatamos nin se perdemos. Hai que seguir facendo o noso camiño e tentar chegar á meta final con vantaxe sobre os rivais".

Entende que desde os medios póidase "tentar vestir de final, pero pensar que logo van quedar 17 partidos con 50 e tantos puntos en xogo. Unha barbaridade. O que temos moi claro é que imos saír a gañar como facemos sempre. Logo podemos estar máis ou menos acertados e obter o resultado. Pero si vos pido que, independentemente do resultado, nin nos volvamos tolos, nin pensemos que se acaba o mundo porque o que necesita o Club, o equipo, todo o mundo é tranquilidade, gozar do camiño, estar contentos porque se están facendo as cousas ben. Cando as cousas funcionan hai que saber gozalo tamén. Ou sexa que calma. Non se vai a decidir nada crerme".

Soña o domingo con "ver ABANCA-RIAZOR cheo. #ANOSAFORZA dános moito máis do que eles pensan. Lembro o día de de Osasuna, que quizais non foi a mellor entrada, pero vin a un público súper entregado en moitas accións e iso axuda. Eu fun visitante de grandes estadios e cando os estadios roxen, un faise máis pequeniño cando é visitante. E cando es local e apláudeche a túa afección ou te anima, faste moito máis grande. Moitas veces é cuestión de confianza, de ser atrevido, ser valente e de ter o ego, ben sexa motivado polos resultados ou pola propia afección, o máis alto posible porque te atreves a facer máis cousas. Entón #ANOSAFORZA vai ser fundamental. Non teño ningunha dúbida de que se vai a vivir un ambiente da hostia en ABANCA-RIAZOR desde moito antes porque a afección o demostra alá onde imos, dá igual. E nada, que nos apoien, que van a van meter o primeiro gol o domingo".

Non achaca os resultados á fortuna: "Lembro o da SD Logroñés, que nos empataron ao final, que mereciamos gañar. O de Irún, que fixemos méritos de gañar. Non é fortuna. Nunha liga tan regular, non creo que haxa moitos equipos que por fortuna cheguen a conseguir ou non os resultados. O que temos que facer é gozar todos: vós, #ANOSAFORZA. Escoito moitas veces que vides de anos fodidos e este que non o está sendo até agora hai que remar xuntos e gozar del, porque están a saír as cousas. E haberá unha semana que non saian. Tardaranos en saír o sorriso dous días, pero teremos que volver facelo porque o equipo está a facer moitas cousas ben".