RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez: "Hoxe o que necesitabamos era gañar polo civil ou polo criminal"

Borja Jiménez subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "hoxe o que necesitabamos era gañar polo civil ou polo criminal, sabendo que non ía ser fácil polo que nos pasou e viñamos arrastrando". "Hoxe había que gañar, fixémolo e a ser positivos, a mirar para adiante.", engade.

Lembra o técnico deportivista que "os xogadores son persoas e cando as cousas non che van ben pois lle colles medo a todo, pero como nos pasará a todos na vida. Tiñamos moi claro que hoxe non ían mostrar a súa mellor versión, por moi ben que adestraron durante a semana, por todas as ganas que puxeron durante a semana. Tiña moi claro que cando o balón empezará a rodar íanos a custar. Xa non podemos pensar na xeira que vimos desde fai non se cantas xornadas... Gañamos hoxe. Quedan 10 partidos para tentar gañar os 10 que é o que temos que facer". Cre que "é bo momento para facer borrón e conta nova e centrarnos nestes 10 partidos. Todo o demais é pasado".

Do partido, Borja Jiménez admite que "estivemos un pouco máis imprecisos do habitual, pero partindo do contexto de todo o que viña arrastrando o equipo. Eu entendo ao afeccionado que despois do do outro día queira ver hoxe a mellor versión do equipo, pero é que esas cousas son imposibles porque os xogadores son humanos, entón cústache. En canto a estrutura de xogo, tiñamos un xogador máis por fóra. Levabámola moi fácil fóra e era atacar o espazo constantemente con Héctor a primeira parte, con Villares. O penalti de William nace aí. A acción do gol nace con Héctor. O plan de partido era claro. Sacamos un xogador dentro por fóra para ser un máis para ter superioridade, por fóra e cando a pelota chegaba fóra, sempre tiñamos un máis. Buscamos algo de presión alta que tivemos situacións de roubo para poder facer gol, pero faltounos precisión, que é algo normal. Serviunos para gañar, así que moi contento".

Insiste o adestrador branquiazul que "gañamos hoxe. Era moi importante gañar hoxe. Quedan 10 semanas, imos ir a por os 10 partidos e para adiante. Creo que se somos capaces de gañar os 10 partidos, que vai ser moi difícil pero ímolo a tentar, ir a achegar ao campionato".

Pola súa banda, Curro Torres, técnico da Cultural Leonesa, afirmou que o seu equipo "competiu ben, traballou ben. Ímonos sen carga tendo que levarnos algo positivo de ABANCA-RIAZOR. Fíxose un gran partido, un gran esforzo. É o camiño a seguir".