RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez reparte minutos de xogo nun adestramento saldado con triunfo esta mañá en Ponferrada

O Dépor concluíu unha semana sen fútbol ligueiro cun amigable esta mañá contra a SD Ponferradina no Anexo ao Toralín.

Borja Jiménez, que decidiu levar ao partido a todo o cadro excepto a Jaime, e incluíndo aos canteiráns Noel e Trilli, repartiu minutos de xogo entre todos os seus futbolistas. 

Álvaro Rey, a última incorporación neste mercado de inverno, debutou coa súa nova camiseta. Saíu de inicio por banda dereita e xogou a primeira hora de partido.

O resultado, que é o de menos neste tipo de compromisos, favoreceu aos branquiazuis (2-3), que si saen reforzados posto que a SD Ponferradina ocupa actualmente postos de play off de ascenso a Primeira División e a principios de agosto levou o Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR (1-2). Quiles anotou na primeira parte o único tanto branquiazul; e após o descanso marcaron Miku e Menudo. Agus Medina e Iván Rodríguez foron os autores dos goles bercianos.

Deportivo: Pablo Brea, Víctor (m. 46, Trilli), Pablo Trigueros (m. 73, Lapeña), Borja Granero (m. 65, Villares), Aguirre (m. 73, Héctor), Álvaro Rey (m. 65, Miku) Rafa de Vicente (m. 73, Elitim), Calavera (m. 73, Menudo), Doncel (m. 65 Mario Soriano) Noel (m. 73, William de Camargo) e Quiles (m. 46, Álex Bergantiños).

O parón en Primeira, Segunda e Primeira RFEF esta fin de semana permitiu a Dépor e SD Ponferradina organizar este encontro nun atípico mes de xaneiro para os branquiazuis, con tres partidos oficiais na última semana, un deles ante o Real Racing Club, o inmediato perseguidor na táboa.

O equipo descansa mañá domingo 16 de xaneiro e volve aos adestramentos o luns ás 10:30 en Abegondo, para comezar a preparar xa a seguinte cita ligueira, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid.