RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda destaca de onte "a comuñón especial bancada-equipo xa desde o principio"

Eneko Bóveda pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista explica que acabou o choque de onte ante o Cádiz CF con "unha sensación un pouco agridoce porque sinceramente foi un partido cunha comuñón especial bancada-equipo xa desde o principio".

Cre que o Dépor "fixo un bo partido ante un rival que está por encima de nós. Fomos mellores e con todo tes un resultado que a estas alturas, e como estamos, non acaba de ser bo".

É máis, está convencido de que "se xogásemos como onte nos dous partidos anteriores probablemente fose unha bagaxe diferente. Un prefire non gañar así que non gañar como contra o Rayo Majadahonda ou o Extremadura".

Recoñece que "que como estamos, o que queda é gañar, gañar e gañar. Non te podes ir a gusto porque te afastas. Se en algo é bo o partido de onte é que se ve o Dépor que queremos ver".

Bóveda recalca que toca analizar, porque "despois dunha primeira parte na que o Cádiz non pasa de metade de campo, na que te estás impoñendo. Ver que o inicio da segunda cambia esa tendencia, sen estar mal nós. Pero si o que se ve no campo é diferente. Eles gozan máis da posesión. Divídese un pouco o espazo. Tes que pensar que provocou ese cambio. Se foi unha decisión propia, se foi provocado polo rival. E se é unha decisión propia, ver se é conveniente ou non".

É máis, lembra que "os últimos partidos que nos puxemos por diante, cedemos terreo e os resultados foron bos. Onte non. Aínda e todo tivemos boas saídas ao contragolpe, pero si que é unha análise que temos que facer: cun marcador favorable, ¿que equipo queremos ser?", conclúe.

A nivel persoal, Eneko, aínda que indica que "non me gusta falar de min demasiado, é certo que calquera xogador con condicións un pouco favorables rende mellor. Pelexamos por xogar, pola competencia interna, por impoñernos aí. Nos últimos partidos xogueinos eu, estou contento. Son as mellores condicións para render", conclúe.