RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bruno Gama dá un paso máis na súa recuperación

Bruno Gama deu esta mañá un paso máis na súa recuperación ao realizar unha parte do adestramento cos xogadores que onte non actuaron de inicio en Madrid.

O atacante deportivista completou o resto do traballo sobre o céspede co preparador físico José Ángel Franganillo.

Todos eles, tras un quecemento, tiveron rondos, un traballo de posesión, un exercicio de finalizacións e un partido en espazo reducido.

Con todo, os titulares onte no Estadio Santiago Bernabéu realizaron carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Mañá luns haberá xornada de descanso. Garitano citou aos seus futbolistas de novo en Abegondo o martes 13 de decembro ás 10.30 horas.