RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con só 3 partidos en Abegondo

Nesta fin de semana de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA, soamente 3 deles serán en Abegondo: o sábado 24 o Xuvenil B (12:15) e Cadete A (11:00); e o domingo 25 o Deportivo ABANCA B (11:30).

Para os dous primeiros encontros, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

O choque do líder da Primeira Autonómica Feminina é de acceso libre para os afeccionados.

Compiten lonxe de Abegondo os demais equipos da canteira branquiazul.

O sábado xogarán o Xuvenil A (ás 16:00 en Ferrol); Infantil A (ás 12:00 na Coruña); Infantil B (ás 10:00 en Ordes); e os dous equipos alevíns e os dous benxamins.

Destaca a visita (12:30 nas Eiroas de Carballo) do Alevín B, segundo clasificado da Segunda Comarcal A Coruña con 10 puntos, ao líder do grupo, o ED Luis Calvo Sanz C, que ten 12 puntos.

Para o domingo 25 queda o Fabril. Despois de dous empates consecutivos, buscará o triunfo ante outro filial tamén da zona baixa, o Atlético de Madrid B. O encontro xogarase no Cerro do Espino o domingo 25 ás 12:00.

Ese mesmo domingo competirá o Cadete B (11:30 en San Tirso), en partido correspondente ao grupo norte da liga Galega.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
14ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID B - FABRIL, o domingo 25 de novembro ás 12:00 nel Cerro do Espino (Majadahonda)
Clasificación: ... 14. Real Valladolid CF B e Atlético de Madrid B, 15 puntos; 16. CDA Navalcarnero, 12 puntos; 17. Burgos CF e CF Salmantino, 10 puntos; 19. Fabril e Rápido de Bouzas, 9 puntos

Categoría feminina
12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SCD PASTORIZA, o domingo 25 de novembro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 29 puntos...

Categoría xuvenil
Amigable, xogado onte mércores: XUVENIL A 1 (Kilian) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (Preferente Autonómica) 0

13ª xornada: RACING DE FERROL - XUVENIL A, o sábado 24 de novembro ás 16:00 na Gándara
Clasificación da División de Honra: ... 4. Real Oviedo, 25 puntos; 5. Real Racing Club, 23 puntos; 6. Xuvenil A, 21 puntos; 7. Ural CF, 20 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - CD LÉREZ, o sábado 24 de novembro ás 12:15 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: ... 2. Pabellón Ourense CF e Victoria CF, 26 puntos; 4. CD Calasanz, 25 puntos; 5. Xuvenil B, 22 puntos; 6. Racing Club Villalbés, 19 puntos...

Categoría cadete
12ª xornada: CADETE A - PONTEVEDRA CF, o sábado 24 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 28 puntos; 2. RC Celta, 27 puntos; 3. Ural CF, 25 puntos...

12ª xornada: SAN TIRSO SD B - CADETE B, o domingo 25 de novembro ás 11:30 no campo de O Monte (San Tirso)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 28 puntos; 3. CF Dumbría, 26 puntos; 4. Racing Villalbés, 25 puntos; 5. Cadete B, 23 puntos; 6. Galicia Caranza, 20 puntos...

Categoría infantil
Amigable, xogado onte mércores: INFANTIL A 6 (Martín -2-, Mella, Martiño, Domínguez e Marco Baña) - IMPERÁTOR OAR A (cadete) 3

12ª xornada: IMPERÁTOR OAR - INFANTIL A, o sábado 24 de novembro ás 12:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 33 puntos; 2. Bertamiráns FC, 30 puntos...

14ª xornada: ORDES SD - INFANTIL B, o sábado 24 de novembro ás 10:00 no Anexo de Vista Alegre (Ordes)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 39 puntos; 2. Ural CF B, 31 puntos...

Categoría alevín
7ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 24 de novembro ás 11:00 en La Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A e Ural CF A, 16 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 15 puntos...

5ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ C - ALEVÍN B, o sábado 24 de novembro ás 12:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. ED Luis Calvo Sanz C, 12 puntos; 2. Alevín B e Ural CF C, 10 puntos; 4. CD Calasanz C, 9 puntos; 5. CF Deportivo Orzán B, 7 puntos...

Categoría benxamín
5ª xornada: BENXAMÍN A - ED LUÍS CALVO SANZ A, o sábado 24 de novembro ás 12:00 en La Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A e CD Calasanz A, 12 puntos; 3. Sporting Coruñés A e Victoria CF A, 9 puntos...

5ª xornada: BENXAMÍN B - CLUB XESUITINAS B, o sábado 24 de novembro ás 16:00 en La Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 10 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C, 9 puntos; 3. Ural CF C, 8 puntos; 4. CD Calasanz C, 7 puntos...