RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA, con 4 partidos o sábado en Abegondo e outros 4 o domingo lonxe da Cidade Deportiva

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA presenta un total de 4 partidos o sábado 9 de novembro en Abegondo: Deportivo ABANCA B (18:30), Xuvenil B (16:00), Cadete A (17:30) e Infantil B (10:30).

Os demais equipos xogan lonxe da Cidade Deportiva, todos o domingo 10. En Terceira División, o Fabril visita ao CD Estradense ás 17:00. Os fabrilistas, en clara progresión, buscan asentar a praza de playoff de ascenso á conta dun rival da zona media.

A maiores, Xuvenil A, Cadete B e Infantil A visitan ao Real Oviedo (15:45), SCD Milagrosa (12:00) e Sálvora CF (11:00) respectivamente.

Finalmente, alevíns e benjamines arrincan o sábado en La Torre a segunda fase da competición, nesta ocasión baixo o sistema de eliminatorias desde oitavos de final.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
12ª xornada: CD ESTRADENSE - FABRIL, o domingo 10 de novembro ás 17:00 no Novo Municipal da Estrada
Clasificación: ... 2. SD Compostela, 25 puntos; 3. CD Barco, 22 puntos; 4. Fabril e Arosa SC, 21 puntos; 6. CD Choco, 20 puntos; 7. CSD Arzúa, 16 puntos...

Categoría feminina
9ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO AROUSANA, o sábado 9 de novembro ás 18:30 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 21 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 4. Victoria FC, 14 puntos; 5. Sárdoma CF, 13 puntos; 6. Oviedo Moderno CF B, 12 puntos...

Categoría xuvenil
10ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o domingo 10 de novembro ás 15:45 no Requexón (campo 2)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón e Real Oviedo, 21 puntos; 4. Xuvenil A, 17 puntos; 5. Real Racing Club, 16 puntos; 6. Bansander, 14 puntos...

10ª xornada: XUVENIL B - VICTORIA CF, o sábado 9 de novembro ás 16:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Choco, 22 puntos; 3. Rápido de Bouzas e Pabellón Ourense CF, 17 puntos; 5. Xuvenil B, CD Areosa e Alondras CF, 16 puntos; 8. Pontevedra CF, 14 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada: CADETE A - BERGANTIÑOS CF, o sábado 9 de novembro ás 17:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 27 puntos, 2. RC Celta, 24 puntos; 3. Ural CF, 20 puntos...

10ª xornada: SCD MILAGROSA - CADETE B, o domingo 10 de novembro ás 12:00 no campo Luis López Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 25 puntos; 2. SD Compostela, 22 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, Ural CF B e EFM Concello de Boiro, 17 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: SÁLVORA CF - INFANTIL A, o domingo 10 de novembro ás 11:00 no campo da Trinidade (Ribeira)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 27 puntos; 2. Bertamiráns FC, 24 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 19 puntos...

10ª xornada: INFANTIL B - ORILLAMAR SD, o sábado 9 de novembro en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 27 puntos; 2. Ural CF B, 25 puntos; 3. CD Calasanz B, 21 puntos...

Categoría alevín
Promoción á Liga Comarcal, oitavos de final: ALEVÍN A - CD CIUDAD, o sábado 9 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, ida: ALEVÍN B - CD CALASANZ F, o sábado 9 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 2.2)

Categoría benxamín
Promoción á Liga Comarcal, oitavos de final: BENXAMÍN A - SCD SAN CRISTÓBAL A, o sábado 9 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, ida: BENXAMÍN B - CD CALASANZ E, o sábado 9 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)