RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 6 e 7 de maio

O Fabril buscará este domingo ás 18:00 horas nas Pontes (horario unificado para toda a categoría), ante un rival xa descendido, o título de campión de liga da Terceira División. Bastaralle un punto para asegurar matematicamente o campionato, o que colocaría ao filial deportivista a unha soa eliminatoria do ascenso a Segunda División B.

Acaban a competición o Deportivo Abanca B (Primeira División Autonómica), que o fai na parte media-alta da táboa e en clara traxectoria ascendente; e o Infantil B (Primeira División Autonómica), este xa campión de liga desde fai varias xornadas.

O Xuvenil A segue disputando amigables de preparación cara á Copa do Rei. O próximo, terceiro xa, será mañá sábado en Mareo ante o Sporting de Gijón, subcampión de liga, que tamén ultima a súa participación copeira.

Xogan na cidade deportiva este sábado o Xuvenil B (12:00) e o Cadete A (16:30). Para estes dous partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Finalmente, os dous equipos alevíns compiten na Fase local da Danone Cup (en Abegondo co Deportivo como organizador); e os dous benxamíns participan no Torneo do Cerceda.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
AS PONTES - FABRIL, o domingo 7 de maio ás 18:00 no Poblado (As Pontes)
Clasificación: 1. Fabril, 75 puntos; 2. Rápido de Bouzas e Cerceda, 70 puntos...

Categoría feminina
MILAGROSA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 7 de maio ás 18:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 5. Umia, 44 puntos; 6. Deportivo Abanca B, 43 puntos; 7. Sárdoma B, 42 puntos...

Categoría xuvenil
Amigable: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o sábado 6 de maio ás 17:30 en Mareo (Xixón)

XUVENIL B - COMPOSTELA, o sábado 6 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 75 puntos; 2. Xuvenil B, 69 puntos; 3. Racing Villalbés, 58 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 6 de maio ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 85 puntos; 2. Cadete A, 76 puntos; 3. Victoria, 59 puntos...

RACING VILLALBÉS - CADETE B, o sábado 6 de maio ás 11:30 no Estadio Roca (Villalba)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido máis), 70 puntos; 2. Cadete B, 67 puntos; 3. Santiago de Compostela, 59 puntos...

Categoría infantil
Amigable, xogado o pasado mércores: INFANTIL A 4 (Mauro, Padín e Jairo -2-) - VIVEIRO (cadete) 4
BERGANTIÑOS - INFANTIL A, o sábado 6 de maio ás 16:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A (xa campión), 86 puntos; 2. Ural, 72 puntos...

ORILLAMAR - INFANTIL B, o sábado 6 de maio ás 12:00 en Meicende
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 84 puntos; 2. Imperátor, 72 puntos...

Categoría alevín
Clasificación final do Trofeo Luis Calvo de fútbol once: 1. Alevín A, 33 puntos; 2. Ural A, 24 puntos...

ALEVÍN B - CALASANZ C, o domingo 7 de maio ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 40 puntos; 2. Calasanz C, 37 puntos; 3. Ural C, 33 puntos...

Categoría benxamín
SPORTING CAMBRE A - BENXAMÍN A, o domingo 7 de maio ás 12:00 no campo Dani Mallo de Cambre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benjamín A (xa campión), 79 puntos; 2. Ural A, 71 puntos...