RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con xornada final para o Fabril e Xuvenil B; e primeira para os cadetes e Infantil A

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA finalizan esta semana a súa competición na primeira fase da liga.

A Fabril visita ao Viveiro CF en Cantarrana en horario unificado o domingo 28 ás 17:00 horas.

O filial deportivista é sétimo con 29 puntos, os mesmos que o CSD Arzúa (sexto) pero por detrás do Silva SD (quinto con 30 puntos). Así pois, para entrar entre o seis primeiros, o Fabril precisa gañar e que o CSD Arzúa ou o Silva SD non gañen os seus partidos ao Polvorín FC e Racing Villalbés respectivamente.

Cos deberes feitos está xa o Xuvenil B, que visita ao Arosa SC tamén o domingo 28 ás 12:00 en Vilagarcía. Os branquiazuis son xa campións hai unhas semanas do subgrupo A de a liga Nacional.

Uns que acaban e outros que comezan. Cadete A, Cadete B e Infantil A inician a competición nos seus respectivos subgrupos da División de Honra e Liga Galega respectivamente. Dous deles (Cadete A e Infantil A) xogan na Coruña ante o Atlético Coruña Montañeros CF; mentres que o Cadete B recibe mañá venres en Abegondo ao CD Lugo B, a partir das 18:00 horas.

Con descanso esta fin de semana para Deportivo ABANCA B e Xuvenil A antes de iniciar a segunda parte da temporada, alevíns e benxamíns continúan cos seus amigables de pretemporada.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División

22ª xornada (última): VIVEIRO CF - FABRIL, o domingo 28 de marzo ás 17:00 en Cantarrana (Viveiro)

Clasificación do subgrupo A: ... 4. Racing Villalbés, 37 puntos; 5. Silva SD, 30 puntos; 6. CSD Arzúa e Fabril, 29 puntos; 8. Viveiro CF, 28 puntos...

Categoría xuvenil

Amigable (xogado onte mércores): ATLÉTICO ARTEIXO 2 - XUVENIL A 1 (Álex Delgado)

18ª xornada (última): AROUSA SC - XUVENIL B, o domingo 28 de marzo ás 12:00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)

Clasificación da liga Nacional, subgrupo A: 1. Xuvenil B, 51 puntos; 2. SD Compostela, 39 puntos...

Categoría cadete

División de Honra, subgrupo D, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - CADETE A, o sábado 27 de marzo ás 17:00 na Grela 1

Liga Galega, subgrupo A, 1ª xornada: CADETE B - CD LUGO B, mañá venres 26 de marzo ás 18:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría infantil

Liga Galega, subgrupo B, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A - INFANTIL A, o sábado 27 de marzo ás 17:00 na Leyma (A Coruña)

Categoría alevín

Amigable (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 11 (Paulo -3-, Alberto -2-, Uxío -2-, Joel -2-, Íker e Nico) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Amigable: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o sábado 27 de marzo ás 10:00 no campo de O Piñeiral (Vizoño)

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 27 de marzo ás 10:00 no campo de O Piñeiral (Vizoño)

Categoría benxamín

Amigable (xogado o pasado martes): BENXAMÍN A 9 (Mario -3-, Thiago -2-, Íker, Yael, Mateo e Javi Barral) - ATLÉTICO ARTEIXO 0

Amigable: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C (alevín), o sábado 27 de marzo ás 11:00 no campo de O Piñeiral (Vizoño)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 27 de marzo ás 11:00 no campo de O Piñeiral (Vizoño)