RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA 21 e 22 de xaneiro

A maior parte de equipos de #ANOSACANTEIRA competiu neste fin de semana hoxe sábado 21. Todos os partidos acabaron con triunfo branquiazul.

Quedan para mañá domingo 22 unicamente tres partidos, os tres fóra de casa: o derbi coruñés da Terceira División na Grela 1 entre o Silva e o Fabril (12:15 horas); o choque do Infantil B en Santa María del Mar (10:00); e a visita do Deportivo Abanca B ao CCAR Valladares (12:15), na Primeira Autonómica Feminina, no campo da Gándara de Vigo.

Para o partido do filial, Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todo o seu plantel, incluídos Óscar e Jardel, que viaxaron co primeiro equipo a Las Palmas.

Hoxe sábado sobresaíu o choque de División de Honra entre o Xuvenil A, terceiro clasificado con 38 puntos, fronte ao CD Lugo, quinto cun punto menos que os deportivistas. O triunfo foi para os nosos (3-1), que se consolidan no grupo de cabeza.

Este fin de semana descansa o Alevín A, cuxa próxima competición é o Torneo Luís Calvo de fútbol once, cunha primeira fase baixo o formato de liga.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División

SILVA - FABRIL, o domingo 22 de xaneiro ás 12:15 na Grela 1

Categoría feminina

Primeira División Autonómica: CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 22 de xaneiro ás 12:15 na Gándara - Valladares (Vigo)

Categoría xuvenil

División de Honra: XUVENIL A 3 (Pedro, Gandoy e Adrián) - LUGO 1

Liga Nacional, grupo 1º: BARBADÁS 0 - XUVENIL B 2 (Rojo e Rivera)

Categoría cadete

División de Honra: BERTAMIRÁNS 0 - CADETE A 2 (Raúl e Vega)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 7 (Docarmo -3-, Pol, Concheiro, Fito e Iván) - CONXO 0

Categoría infantil

Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 12 (Padín, Iago, Jorge -3-, Axel -2-, Nils -2-, Novoa -2- e Antón) - CONXO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: SANTA MARÍA DEL MAR - INFANTIL B, o domingo 22 de xaneiro ás 10.00 en Santa María del Mar (A Coruña)

Categoría alevín

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN A 5 (Domínguez -2-, Noah, Mella -2-) - IMPERÁTOR B (infantil) 3

Segunda Fase alevín, grupo 1º, segunda xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 0 - ALEVÍN B 14 (David -4-, Pablo -4-, Adrián -3-, Samu, Óscar e Hugo)

Categoría benxamín

Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 5 (Eli -2-, Sergio -2- e Pablo García) - SPORTING BURGO A 0

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 9 (Guille, Marco, Xabi, Yago -3-, Diego -2- e Eder) - OLÍMPICO B 0