RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario en #ANOSACANTEIRA, con carrusel de partidos en Abegondo o sábado, entre eles o Fabril

Este sábado 4 de febreiro está previsto un carrusel de partidos de #ANOSACANTEIRA en Abegondo.

O choque destacado é do Fabril ante o CD Estradense, a partir das 16:15 (Youtube: RCDeportivo), correspondente á 19ª xornada en Tercera RFEF.

Os pupilos de Óscar Gilsanz defenderon con éxito (0-0) o liderado o pasado domingo no campo do Arosa SC, o seu inmediato perseguidor. Para o partido, está activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva.

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforamento na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até hoxe mércores ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O sábado tamén xogan en Abegondo o Xuvenil B ante o ED Xuventude de Oroso (11:00) e o Cadete ante o CD Lérez (11:00); mentres que no Monte farao o San Tirso SD Cadete fronte ao ED Val Miñor (12:30).

No equipo cadete deportivista, o lateral Pablo García Taboada, está concentrado coa selección española sub-15 con motivo dun dobre amigable ante Polonia, ambos no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

Onte martes 31 de xaneiro, os españois derrotaron aos polacos (3-0), nun partido no que Pablo García foi titular. O futbolista coruñés foi relevado no minuto 68, co choque xa sentenciado, por José Manuel Ortega.

A próxima cita de Pablo García ante Polonia será no mesmo escenario, o Estadio Guillermo Amor de Benidorm, mañá xoves 2 de febreiro ás 11:00 horas.

Na Coruña, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, o Orzán SD Cadete Feminino recibe ao SCD Milagrosa (16:15, Elviña Pequeno).

Pola súa banda, compiten lonxe de casa o Orzán SD Xuvenil Feminino en Noia (12:00 no Anexo Julio Mato); o Infantil en Pontevedra ante o EF Portero 2000 (17:45, campo Manolo Barreiro 2); e o Orzán SD Infantil Feminino en Oleiros ante o AD Cristo Rey (18:30, campo de fútbol dos Regos).

Pola súa banda, o domingo hai dous partidos que sobresaen na xornada.

O Dépor ABANCA B, líder da Liga Nacional, recibe en Abegondo (16:00) ao Real Oviedo B, 3º na táboa.

As deportivistas perderon a Paula Novo por lesión para o que resta de temporada, pero celebran a nova convocatoria de Elena Vázquez para a selección española sub-17 para disputar un amigable ante Estonia o vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:00 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez é titular no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica (categoría sénior) e tamén goza de minutos no Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Nacional.

O pasado día 12, Elena Vázquez tamén tivo minutos de xogo no último partido amigable da sub-17 feminina, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0).

A futbolista carballesa xa disputou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para a seguinte fase.

Precisamente nesta segunda rolda, xa definitiva, Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo clasificarase para a Fase Final do Campionato de Europa que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

Elena Vázquez concentrarase o luns 6 de febreiro co combinado nacional.

En Mareo, o Xuvenil A, 3º da División de Honra con 44 puntos, visita ao Sporting de Gijón, líder con 45. O choque arrancará ás 15:45. Á espera do que ocorra neste encontro está o RC Celta, 2º tamén con 44 puntos.

Completan a xornada dominical o partido no Monte entre o San Tirso SD Infantil e o CD Areosa (12:00) e o da Grela 1 entre o Orzán SD Cadete B Feminino (20:00) ante a Torre SD, co que se porá o punto e final ao fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF
19ª xornada: FABRIL - CD ESTRADENSE, o sábado 4 de febreiro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 36 puntos; 2. Arosa SC, 34 puntos; 3. Racing Villalbés, 29 puntos... 7. CD Estradense, 25 puntos...

Categoría feminina
18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL OVIEDO B, o domingo 5 de febreiro ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 47 puntos; 2. Sporting de Gijón, 42 puntos; 3. Real Oviedo B, Real Avilés CF, Victoria CF e Lóstrego CF, 33 puntos...

19ª xornada: CF NOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o sábado 4 de febreiro ás 12:00 no Anexo Julio Mato
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 43 puntos; 2. CD Lugo, 42 puntos; 3. Bergantiños CF, 40 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil Feminino, 38 puntos; 5. Victoria FC B, 33 puntos... 14. CF Noia, 13 puntos...

15ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - TORRE SD, o domingo 5 de febreiro ás 20:00 na Grela 1
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino e Atlético San Pedro, 37 puntos; 3. Silva SD, 29 puntos... 8. Torre SD, 19 puntos...

15ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - SCD MILAGROSA., o sábado 4 de febreiro ás 16:15 en Elviña Pequeno (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 36 puntos; 2. Colegio Obradoiro, 30 puntos... 7. SCD Milagrosa, 7 puntos...

13ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 4 de febreiro ás 18:30 no campo de fútbol dos Regos (Oleiros)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 30 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino, 24 puntos; 3. UC Cee (un partido máis), 21 puntos; 4. SCD Milagrosa, 15 puntos; 5. Santa Cruz CF e AD Cristo Rey (un partido máis), 8 puntos...

Categoría xuvenil
19ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 5 de febreiro ás 15:45 en Mareo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 45 puntos; 2. RC Celta e Xuvenil A, 44 puntos; 4. Real Racing Club, 34 puntos...

19ª xornada: XUVENIL B - ED XUVENTUDE DE OROSO, o sábado 4 de febreiro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Pabellón Ourense CF, 35 puntos; 4. CD Choco, 34 puntos; 5. Xuvenil B, 33 puntos; 6. ED Val Miñor Nigrán, 32 puntos; 7. Racing de Ferrol, 30 puntos... 14. ED Xuventude de Oroso, 19 puntos...

Categoría cadete
21ª xornada: CADETE - AJ LÉREZ, o sábado 4 de febreiro ás 11:00 en Abegondo

21ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 4 de febreiro ás 12:30 no Monte

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 58 puntos; 2. RC Celta, 52 puntos... 14. AJ Lérez, 23 puntos; 15. ED Val Miñor Nigrán e San Tirso SD Cadete, 21 puntos...

Categoría infantil
18ª xornada: EF PORTERO 2000 - INFANTIL, o sábado 4 de febreiro ás 17:45 no campo Manolo Barreiro 2 (Pontevedra)

18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD AREOSA, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 no Monte

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 48 puntos; 2. Infantil e ED Val Miñor Nigrán, 43 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 33 puntos... 9. CD Areosa, 22 puntos... 12. EF Portero 2000, 17 puntos; 13. San Tirso SD Infantil, 15 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada: ALEVÍN A - OZA JUVENIL SD, o sábado 4 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 30 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 25 puntos... 9. Oza Juvenil SD, 9 puntos...

11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SANTA CRUZ CF, o sábado 4 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 28 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 24 puntos... 9. Santa Cruz CF, 4 puntos...

Categoría benxamín
11ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - BENXAMÍN A, o sábado 4 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 3.1)

11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ, o sábado 4 de febreiro ás 13:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 27 puntos; 2. Ural Español CF, 22 puntos; 3. CD Calasanz, 18 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 17 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 13 puntos...