RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Canella: Estamos a empezar, pero as sensacións son moi boas

Roberto Canella compareció na sala de prensa de Abegondo. O lateral deportivista asegura que "estamos a empezar todavía, pero as sensacións son moi boas. Estamos a facer un bo equipo, un equipo competitivo. Persoalmente as sensacións so

Insiste Canella, un dos futbolistas máis experimentados do persoal, que "o importante en pretemporada é ter carga física, cargarche as pernas para logo chegar ben aos primeiros partidos da tempada".

Lembra o defensor branquiazul que lle gusta subir a banda, aínda que de momento non se prodigou moito polas lóxicas limitacións físicas normais a estas a alturas de pretemporada. Tamén explica que ata agora "xogamos con equipos bos que hai que estar atentos en defensa, non sempre pensando en atacar". "Fisicamente cando esteamos ben se me vai a ver máis veces subir a banda", subliña.