RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Canella solicita ''estar concentrados o noventa minutos''

Roberto Canella debutó en Granada en partido oficial co Deportivo. Rememorando esta tarde na sala de prensa de Abegondo o partido dos Cármenes, o lateral deportivista segura que "hai que estar concentrados o noventa minutos. Se non o es

Opina Canella que "tivemos un ou dous erros puntuais a balón parado que nos custou a derrota o outro día. Corrixir os erros que tivemos, adestrar esta semana o mellor posible e a mirar ben tácticamente todo".

Subliña que "somos un equipo que acaba de subir de Segunda División e temos que ter moi claras esas cousas (córneres, saques de falta...), porque pode carrexar moitos puntos e ao final o obxectivo. Hai que estar con máis intensidade, máis metidos no partido, sabendo que en xogadas a balón parado non podemos encaixar goles porque logo ao final sofres moitísimo máis".

Canella explica que "en casa, en Primeira División non se che poden ir os puntos. O catro anos que xoguei en Primeira co Sporting de Xixón fixemos un fortín do Molinón o tres primeiros anos e iso fíxonos salvarnos. O último ano foi todo o contrario. Cando es un pouco débil en casa nótalo e pasa factura. Temos que facer de Riazor un fortín. Sabemos que o público vai estar connosco e cada partido dar a vida por sacar o tres puntos porque cada punto no teu campo é importantísimo".