RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani apunta que o Málaga é un rival difícil desde hai anos

Cani, titular o pasado domingo ante o Athletic Club, compareció esta mañana en rolda de prensa en Abegondo. "Después dun tempo lesionado e algúns partidos sen xogar, xa tenía ganas de poder disputar minutos, de poder xogar

Do Málaga, opina Cani que é un rival "que desde hai anos é un rival difícil. Quizais este ano está a ter menos resultados que outros anos, pero segue sendo un equipo incómodo".

Insiste Cani en que o partido do sábado ás 22.05 horas (TVE) "non será un partido fácil, e menos alí en Málaga".

O atacante deportivista lembra que cando fichou polo Dépor, "non cría que ía haber tan bo persoal como a que hai agora mesmo. Pero nunca crin que ía ser fácil (ser titular). Hai moi bos xogadores, isto é a Primeira División española e empecei xogando, lesioneime, o equipo vai ben e entra dentro do normal que o equipo vaia xogando todo".

Desde fóra, Cani ve a un Deportivo "que tivo partidos moi bos. Os que non foron tan bos fomos capaces de sacar resultados. Sobre todo vin a un equipo defensivamente moi ben plantado e con Lucas en forma".