RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani cre que as opcións do Dépor ''pasan porque eles non sentan cómodos''

  Cani compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo e deseó para esta segunda parte de #ONosoDerbi (sábado 2 de abril en Balaídous, 22.05, TVE)  "facer tan bo pa

Da primeira volta, xa comprobou o atacante deportivista que o Dépor - Celta "é moi especial. Os que vivín eu eran máis lixeiro, porque os do Vilarreal non son tan fortes como os de aquí. E os do Atleti non me tocou vivilos. Foi bonito e máis se ganas, porque se o perdes debe ser moito peor".

Nesta liña, subliña Cani que "estamos concienciados da importancia deste partido tanto no que é a clasificación como para a cidade".
 
A xuízo de Cani, os derbis "son diferentes. Dá igual as clasificacións, dá igual as series positivas, negativas. Son partidos totalmente diferentes, onde os dous equipos sacan forzas de todos os sitios e vai estar igualado e tenso, como todos os derbis".
 
Recoñece iso si que, a pesar de que "o favoritismo nun derbi conta moi pouco, o Celta está máis arriba na clasificación, leva unha tempada mellor porque os puntos dino e porque está aí, para entrar en Europa e nós ata fai nada, 13 xornadas sen gañar. Dá igual que sexan favoritos eles ou nós. É un derbi e de pouco serve iso".
 
Cani pide "repetir o partido da ida. Dise moito que os derbis e as finais non se xogan, gáñanse. Para gañar temos que facer isto porque se o Celta atópase a gusto é un rival que xoga moi ben, que ten moi bos xogadores. Vainos a facer sufrir moito. Se conseguimos que non sentan cómodos, que cando teñan a pelota non sexan eles mesmos, por aí pasan as nosas opcións de poder gañar".