Caparrós: O caso de Arizmendi significa que o Club e a dirección deportiva han acertado
Ver vídeo de Caparrós en Abegondo Joaquín Caparrós opinou esta mañá sobre o retorno de Arizmendi ao Atlético de Madrid a final de tempada, unha saída xestada polo Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, en Madrid: "Significa que tanto o Club como a Dirección Deportiva han acertado. Apostaron por un mozo como el, ou como Arbeloa, que apenas tiveran minutos nos seus clubs". O técnico deportivista indicou que ata que pase a Asemblea de Accionistas non prevé novas reunións co Club; asegurou que o Dépor "móvese ao mil por mil" e indicou que o obxectivo é "despedirnos da nosa afección esta tempada co tres puntos ante o Recreativo de Huelva".
canaldeportivo, A Coruña29/05/2007 14:02
Tamén tivo palabras de eloxio Joaquín Caparrós cara ao seu equipo de colaboradores, en concreto José Sambade, preparador de porteiros, e José Ángel Franganillo, un dos preparadores físicos do equipo. "Franga e Sambade fixeron un gran traballo, teñen un altisimo nivel".
Ver a despedida do corpo técnico Joaquín Caparrós, acompañado polo Director Deportivo do Club, Richard Moar, e por Luciano Martín Toscano "Luci", e Javi Reyes, os seus dous directos colaboradores, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na sala de prensa do Estadio de Riazor.
Ás doce do mediodía de mañá xoves, o técnico Joaquín Caparrós, acompañado do seu segundo adestrador Luciano Martín, o preparador físico Javier Reyes así como o Director Deportivo do Club, Richard Moar, dará unha rolda de prensa no Estadio de Riazor.
Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".