RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Carlota debutará coa selección española sub-17 no Torneo do Atlántico

A xogadora do Deportivo ABANCA Carlota Sánchez foi convocada pola selección española sub-17, que a próxima semana disputará o Torneo do Atlántico en Santa Cruz de Tenerife.

A selección darase cita no Aeroporto de Madrid-Barajas na mañá do luns 14 de xaneiro, para voar a continuación rumbo a Canarias.

O calendario de partidos da selección é o seguinte:

Semifinal
Mércores 16 de xaneiro
17:00: ESPAÑA - ESLOVAQUIA

A continuación, a outra semifinal disputarana as seleccións de Irlanda e Canarias. As perdedoras xogarán o venres 18 de xaneiro ás 17:00 horas para loitar polo terceiro posto. As gañadoras disputarán a gran final a partir das 19:30 horas.

Todos os encontros terán lugar nas instalacións do Centro Insular de Atletismo.

O regreso está previsto para o sábado 19 de xaneiro.

Deste xeito, Carlota segue os pasos dados con anterioridade por outras xogadoras deportivistas como Teresa Abelleira, Nuria Rábano e Malena Mieres, tamén internacionais en categorías inferiores.