RCD / NOVAS

Carlota estréase como goleadora na sub-19

02/08/2019 23:10

- Foto: @SeFutbolFem -

A selección española sub-19, coa deportivista Carlota Sánchez, participa desde hoxe venres 2 de agosto no Torneo Internacional de Fútbol Feminino COTIF 2019 na localidade de L'Alcudia (Valencia).

España arrancou esta tarde ante Mauritania, choque que se saldou con plácida goleada a favor das españolas (0-11).

Carlota saltou ao campo no minuto 48 en substitución de Naroa Uriarte. A atacante do Dépor ABANCA B anotou de penalti o gol que pechaba a conta.

A próxima cita para a selección será o domingo 4 de agosto fronte ao Vilarreal CF (20:30 horas).

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 2 de agosto
MAURITANIA 0 - ESPAÑA 11

Domingo 4 de agosto
20:30: ESPAÑA - VILARREAL CF

Luns 5 de agosto
20:30: BOLIVIA - ESPAÑA

Mércores 7 de agosto
20:30: ESPAÑA - INDIA