RCD / NOVAS

Carlota foi titular no triunfo de España sub-19 ante Bolivia

05/08/2019 23:25

- Foto: @SeFutbolFem -

A selección española sub-19, coa deportivista Carlota Sánchez, participa no Torneo Internacional de Fútbol Feminino COTIF 2019 na localidade de L'Alcudia (Valencia).

Hoxe luns, Carlota foi titular no triunfo hispano ante Bolivia (2-0). Foi substituída por Aixa Salvador no minuto 56.

O pasado domingo ante o Villarreal CF, España impúxose (3-1) nun choque no que a atacante do Dépor ABANCA B saltou ao campo no minuto 42 en substitución de Asunción Martínez.

España arrancou o torneo o pasado venres ante Mauritania, partido que se saldou con plácida goleada a favor das españolas (0-11).

Carlota substituíu a Naroa Uriarte no minuto 48. A dianteira coruñesa anotou de penalti o gol que pechaba a conta.

A próxima cita para a selección española será o mércores 7 de agosto fronte a India (20:30 horas), choque decisivo para pasar á gran final do xoves.

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 2 de agosto
MAURITANIA 0 - ESPAÑA 11

Domingo 4 de agosto
ESPAÑA 3 - VILLARREAL CF 1

Luns 5 de agosto
BOLIVIA 0 - ESPAÑA 2

Mércores 7 de agosto
20:30: ESPAÑA - INDIA