RCD / NOVAS

Cavaleiro pasa á Selección Absoluta de Portugal e Medunjanin xoga mañá sábado en Andorra

Iván Cavaleiro deixa a Selección Sub-21 de Portugal para incorporarse este domingo 29 de marzo en Lisboa á concentración da Selección Absoluta que dirixe Fernando Santos, para o partido amigable ante Cabo Verde o martes 31 de marzo ás 20.45 (hora local) en Estoril.

27/03/2015 19:57

Onte xoves, Cavaleiro disputou coa Sub-21 a primeira metade do empate sen goles fronte a Dinamarca na localidade portuguesa de Marinha Grande. O equipo luso estivo a bo nivel e o xogador branquiazul dispuxo dalgunha que outra oportunidade para marcar.
 

Medunjanin ten partido oficial con Bosnia en Andorra mañá sábado

Haris Medunjanin, con Bosnia Herzegovina, visita Andorra, no Stadi Nacional de Andorra a Vella, mañá sábado 28 de marzo ás 20:45 horas. Este encontro é clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.

No segundo partido, amigable, o combinado bosníaco enfróntase a Austria no Estadio Ernst Happel de Viena, o martes día 31 ás 20:30 horas.

Sam Piette, do Fabril, xoga hoxe venres con Canadá

Hoxe venres (noite en España), a quenda será para o fabrilista Sam Piette, que se mide con Canadá a Guatemala, nun partido de preparación.

O luns 30, os canadenses visitarán San Juan de Porto Rico.

Celso Borges xogou o noventa minutos do amigable de Costa Rica contra Paraguai

Celso Borges disputou o noventa minutos do amigable que a súa selección, Costa Rica, xogou ante Paraguai no Estadio Nacional de San José, e que finalizou con empate sen goles (0-0)

O encontro, no que se impuxeron as defensas aos ataques, celebrouse esta pasada madrugada (horario español).

O segundo amigable para Costa Rica e Celso Borges será o martes 31 de marzo en Panamá ante o combinado centroamericano.
 

José Rodríguez, titular onte na 'rojita'

José Rodríguez xogou coa Selección Española o noventa minutos en Cartaxena ante Noruega (2-0). Munir e Deulofeu anotaron polos hispanos, que dominaron con claridade ao seu rival. O deportivista fixo parella no centro do campo con Óliver Torres.
 

O luns 30 ás 20.30 horas en León, a Sub-21 española enfróntase a Bielorrusia, noutro encontro amigable, co que se pechará esta concentración.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas