RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Celso Borges e Sam Piette arrincan esta madrugada a Copa de Ouro da CONCACAF

Dous deportivistas, Celso Borges e Sam Piette, inician esta madrugada en Españá Copa de Ouro da CONCACAF, unha competición oficial equivalente á Eurocopa ou á Copa América pero para as Seleccións Centro e Norteamericanas.

Celso Borges chega asentado no once inicial de Costa Rica. O mediocentro deportivista foi titular e xogou practicamente enteiros o tres partidos amigables de preparación disputados o pasado mes de xuño: ante Colombia, España e México.
O seu primeiro rival será Xamaica, no Stubhub Center de Carson. O choque arrincará ás 2.00 horas desta madrugada en España.

O calendario de Costa Rica é o seguinte::

9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA, no Stubhub Center de Carson (California)
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR, no BBVA Compass Stadium de Houston (Texas)
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA, no BMO Field de Toronto (Canadá)

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Sam Piette arrinca ante O Salvador

O fabrilista Sam Piette, tras liquidar de titular a eliminatoria de clasificación para o Campionato do Mundo ante Dominica (0-2 en Roseau e 4-0 en Toronto), inicia esta madrugada do xoves 9 de xullo ante O Salvador a Copa de Ouro.

O encontro terá como escenario o Stubhub Center de Carson (California) e comezará ás 4.30 desta próxima madrugada (hora española).

A Copa de Ouro ten o seguinte calendario para Piette e Canadá:

9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ, no Stubhub Center de Carson (California)
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ, no BBVA Compass Stadium de Houston (Texas)
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA, no BMO Field de Toronto (Canadá).

Do mesmo xeito que Borges, Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro.