RCD / NOVAS

Celso Borges, primeiro deportivista confirmado para o Mundial de Rusia

07/05/2018 12:47

- Foto: www.fedefutbol.com -

A Federación Costarriqueña de Fútbol confirmou a convocatoria de Celso Borges para a vindeira edición do Campionato do Mundo de Rusia 2018.

O RC Deportivo atendeu á petición de Costa Rica e permite a Celso Borges incorporarse á concentración da súa Selección Nacional nada máis concluír o partido deste sábado 12 de maio no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30 horas, Bein LaLiga) ante o Villarreal CF.

Costa Rica ten este calendario de partidos no Mundial:

Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Con anterioridade, o 3 de xuño, os 'Ticos' despediranse da súa afección antes de emprender viaxe a Europa cun amigable fronte a Irlanda do Norte en San José. Xa en Europa, mediranse a Inglaterra en Leeds (7 de xuño) e a Bélxica en Bruxelas (11 de xuño).

Máis novas de: BORGES