RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cita crucial para Ismael Díaz con Panamá fronte a Inglaterra

- Foto: @fepafut -

Mañá domingo (14:00 horas) terá lugar o segundo encontro de Panamá, na que milita o fabrilista Ismael Díaz, neste Mundial de Rusia. O seu rival será unha das favoritas, Inglaterra.

Os centroamericanos necesitan puntuar para non quedar apeados da seguinte fase da competición.

Na primeira xornada do grupo G, Ismael Díaz saltou ao terreo de xogo ante Bélxica na última media hora de xogo.

Onte venres 22 de xuño xogaron tres branquiazuis o seu segundo partido, os tres no once inicial das súas respectivas seleccións nacionais, e os tres ademais disputaron completo o seu encontro.

Celso Borges caeu con Costa Rica fronte a Brasil (2-0) e queda sen opcións de pasar á seguinte fase. O mediocentro deportivista, que tivo algunha que outra oportunidade de marcar na primeira metade, aguantou co seu equipo as acometidas de Brasil até o desconto, cando Coutinho desnivelou o choque definitivamente.

No grupo D, Francis e Nixeria venceron (2-0) a Islandia e dependen de si mesmos no terceiro partido ante Arxentina para pasar a oitavos de final.

Finalmente, Fabian Schär, con Suíza, gañou a Serbia (1-2) e achégase á seguinte fase da competición. O defensor branquiazul tivo moito traballo polo bo facer en ataque de Serbia e en especial de Mitrovic; e mesmo tivo algunha ocasión para marcar, como unha cabezada após un saque de esquina na primeira metade.

Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0

Domingo 24 de xuño
14:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Area (Saransk)

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1

Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1

Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0

Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0

Martes 26 de xuño
20:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1

Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1

Martes 26 de xuño
16:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)