RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cita internacional para Teresa Abelleira, mañá mércores en Glasgow

- Foto: youtube @SEFutbolFEM -

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, está concentrada con España sub-19 nun torneo internacional en Glasgow (Escocia), no que participarán as seleccións clasificadas directamente a Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría.

O combinado nacional debutará mañá mércores 3 de outubro ante as anfitrioas, as escocesas. Será a partir das 19:00 (hora local), en St. Mirren Park.

O calendario de partidos é seguinte:

Mércores 3 de outubro
19:00: ESCOCIA - ESPAÑA, no St. Mirren Park (Paisley)

Sábado 6 de outubro
13:00: ESPAÑA - DINAMARCA, no East End Park (Dunfermline)

Martes 9 de outubro
13:00: ESPAÑA - FRANCIA, no McDiarmid Park (St. Johnstone)

Teresa Abelleira, ademais da tamén deportivista Malena Mieres, acábase de proclamar campioa de Europa sub-19 o pasado mes de xullo.