RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Comunicado de prensa dos Servizos Médicos do R.C. Deportivo da Coruña sobre Valerón

Danse por concluídas as probas e valoracións sobre a actual situación anatómica e funcional do xeonllo esquerdo de Juan Carlos Valerón para o exercicio da súa profesión. Participaron nestes estudos e análises os especialistas seguintes:Dr. Pedro Guillén (

Os Servizos Médicos do Club propuxeron ao xogador, e leste aceptou, unha nova intervención cirúrxica, a mesma consistirá en renovar a actual plastia do seu Ligamento Cruzado Anterior cun enxerto doado. No propio acto cirúrxico determinarase o uso da técnica denominada de "dobre túnel", tamén está prevista a posibilidade de implementar a estabilidade do seu xeonllo esquerdo cun enxerto periférico.

A operación será dirixida polo Traumatólogo e Cirurxián do R.C. Deportivo da Coruña Dr. ARRIAZA, xunto cos expertos Drs.: MESTRE, CRUZ e LEIS. A cirurxía realizarase no Hospital USP Santa Teresa da Coruña, o sábado, 31 de marzo, ás 10:00 da mañá.

O Dr. Cesar Cobián asistirá á operación e, xunto a todos os cirurxiáns, atenderá aos medios de comunicación en Conferencia de Prensa no propio Hospital Santa Teresa, ao finalizar a intervención.