RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Conca cre que agora ''non temos nada que ver'' co Dépor que visitou Sevilla

Isaac Cuenca confesó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que os xogadores branquiazuis "estamos moi motivados. Sabemos que xogamos ben en Almería. Non puidemos conseguir o tres puntos, pero polo menos conseguimos un; e agor

Sobre as ocasións falladas no Estadio dos Xogos do Mediterráneo, opina o extremo branquiazul que "hai pouco non tiñamos tantas ocasións. Agora temos máis. Estamos a empezar a fluír mellor co balón, a chegar máis á área rival. E éso é importante. Se seguimos así supoño que van entrar e entrarán todas de golpe".

Neste sentido, lembrou que militando nas filas do Barcelona e do Ajax de Amsterdam sucedeulle o mesmo que ao Dépor o pasado fin de semana: ter moitas ocasións de gol, o sábado ata 25, e quedar co marcador a cero.

Recoñeceu que os próximos rivais (Sevilla, Valencia e Espanyol) son "a priori complicados, nada fáciles. Pero o equipo está nunha dinámica positiva. Estamos moito mellor que como empezamos. Nunca nos podemos fiar pero sempre temos que ir a por todas. Que veña un equipo forte non significa nada porque gañamos anteriormente en casa a algún complicado".

Ao Sevilla, Cuenca indica que "o vexo moi ben. Ten moi bos xogadores e ten moito persoal. E éso sempre axuda. Este ano, o ano pasado... Leva uns cuantos anos que están a bo nivel". No entanto, afirma o atacante deportivista que "temos ganas de afrontar o partido o máis pronto posible, de xogar o mellor posible e ademais gañalo, para demostrar que non temos nada que ver co resultado que tivemos alí".