RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Configurada a secretaría técnica e o departamento de captación do Deportivo para esta temporada

A secretaría técnica do Real Club Deportivo xa está configurada para o arranque da temporada esta próxima fin de semana. Con motivo do inicio das competicións, o equipo coordinado por Ángel González Becerra, dependente do director deportivo Carmelo del Pozo, reuniuse a principios desta semana na Coruña para pór en común o método de traballo do ano.

Como avanzou o presidente do Real Club Deportivo hai unhas semanas, do secretario técnico dependerán 7 profesionais para facer seguimento por toda a xeografía española coa seguinte distribución:

- Alejandro Sahuquillo: Andalucía oriental, Murcia, Comunidade Valenciana e Segunda B Grupo III.
- Ernesto Bello: Portugal norte, Asturias, País Vasco, Navarra, Segunda B Grupo II e Ligas Estranxeiras
- Antonio Gómez: Galicia, Castela e León, Portugal norte e Ligas Estranxeiras
- Pepe Fernández: Madrid, Castela A Mancha, A Rioxa e Segunda B Grupo I
- Alejandro Varela: Andalucía occidental, Estremadura, Portugal sur, Segunda B Grupo IV e Ligas Estranxeiras
- Cristian García: Cataluña e Ligas Estranxeiras
- Manuel Mosquera: cedidos, filiais e Ligas Estranxeiras

Co mesmos esquema de traballo e administración de observacións e informes, xa dentro do fútbol formativo dirixido por Albert Gil, atópase o departamento de captación no que traballarán, coordinados por Ismael García: José Luis Devesa, Carlos Ballesta, Martiño Botana, Miguel Santiago e Javier Álvarez.