RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xa é posible renovar en liña o abono do Dépor 2018-2019

Desde hoxe é posible renovar en liña o abono do Dépor 2018-2019 a través da web abonos.rcdeportivo.es

Nesta páxina, durante as 24 horas do día, poderanse renovar abonos (salvo os bonificados como desempregados, bancadas especiais, abonos mensuais e todo o que requira cambio de asento ou de localidade). Os carnés renovados online durante a Campaña de Abonos estarán dispoñibles desde 72 horas despois da súa xestión na DéporTienda (Estadio ABANCA-RIAZOR, r/ Manuel Murguía s/n) en horario de luns a sábado de 10:00 a 20:30 horas. Aqueles que retiren o seu abono na DéporTienda disporán dun 5 % de desconto acumulable para as compras, un desconto válido exclusivamente o día de retirada do abono e durante a campaña. Para a recollida do carné será necesario presentar o DNI ou o carné de abonado da pasada temporada do socio titular. Tamén pode seleccionar o envío a domicilio mediante servizo de mensaxería, gastos de envío non incluídos. 

Ademais desta posibilidade, continúa aberta a campaña de renovación e altas a sede provisional da OAD na Oficina Principal de Correos na Coruña (r/ Manuel Casas s/n) pasáronse, desde que comezou a campaña o luns 11, 2.254 socios branquiazuis (2.074 renovacións, 180 altas) que xa teñen o seu carné de ADN Deportivista.

O horario da Oficina de Atención ao Deportivista é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Para evitar colas e esperas, recoméndase utilizar a plataforma de cita previa que cumpre a súa terceira temporada activa (citaprevia.rcdeportivo.es), a través da que o socio pode elixir día e hora para ser atendido na retirada do seu abono. Tamén está dispoñible, un ano máis, o sistema de financiamento do abono a través de ABANCA, cuxo trámite poderá realizarse de forma directa na OAD.

CONSULTA Ou DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE ABONOS DO REAL CLUB DEPORTIVO 2018-2019