RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Barcia rescata no desconto un punto para o Fabril

O Fabril empatou (1-1) co Alondras CF en Abegondo na 2ª xornada de liga en Terceira RFEF. Mauro adiantou aos de Cangas de penalti aos 13 minutos e Dani Barcia empatou no último suspiro do partido.

A semana arrincou con malas noticias para o filial, coa lesión no xeonllo dereito de Tim Caroutas, un reforzo chegado hai apenas un mes á Coruña e que mesmo xa goleou co primeiro equipo en pretemporada. A rotura na plastia do ligamento cruzado faralle estar no dique seco os próximos meses. Por contra, a boa nova no conxunto de Óscar Gilsanz protagonízaa David Mella, o fabrilista aínda en idade xuvenil citado para un torneo internacional esta semana próxima coa selección española sub-18 en Bursa (Turquía).

Ante o Alondras, o partido púxose costa arriba aos 13 minutos, cun penalti transformado por Mauro que puña en vantaxe (0-1) aos visitantes.

Este temperán gol fixo dano ao Fabril, que non conseguiu imporse na primeira metade e mesmo permitiu ao Alondras dispor dalgunha ocasión máis.

Após o paso polos vestiarios e cos cambios, como a entrada de Nájera, o Fabril mellorou e lanzouse a por o empate, que logrou Dani Barcia na última xogada.

Con este resultado, o Fabril suma 4 puntos de 6 posibles.

Fabril: Brais Suárez, Marc, Álex Pereira, Dani Barcia, Iano Simao, Brais Val, Jairo, Iñaki, Diego Gómez, Mella e Iván. Tamén xogaron: Nájera, Rubén López, Jesús e Marcel.

A próxima fin de semana, o Fabril volve xogar na Cidade Deportiva, neste caso ante o Arosa SC.

Os resultados do Fabril en liga son os seguintes:
UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1